Pasados uns dias do vivido no Ultra Trail do Castelo, toca
facer un pequeno resumen; a semana previa foi de nervios pola incerditumbre de
como estaría a climatoloxia e a ansiedade por estar na saida, mais todo iso foi
desaparecendo a medida que me ia achegando a Quiroga e empezaba a saudar amigos
e compañeiros das probas.
A primeira anécdota foi o recoller o dorsal e ver que me
correspondia o nº 7, dixenlle a rapaza que mo entregou que iso era un bo
presaxio; logo de ir o hostal preparar a mochila que ia deixar no Km 19,5 e 40
de proba, tal como estaban as cousas non sabia o que poderia precisar, e logo de ir cear o Chapacuña, a dormir.
As 5 da mañan xa se escuitaba actividade no hostal; as 6
toca levantarse, ducha e desaiunar no mesmo bar do hostal; xa con todo o
material listo para a partida, diriximo a saida acompañado por Pili, ela iria
sair as 9 no mini trial (25Km).
As 8 dase a saida, a
partir do km3 xa empezan a cair os primeiros copos de neve; imos subindo cara o
Outeiro, km19,5, coa duda de se iríamos
subir o Montouto ou iríamos acompañar os corredores do Trail.
Pra min era a primeira carreira con neve, a medida que ian
pasando os kilómetros pensaba en darlle as gracias a organización se nos
cortaba; o chegar o avituallamento informanos que a proba sigue adiante, e
deixan elexir se queremos subir ou non; cambio, non sen traballo, pois os pes
estaban conxelados, os calcetins e o buff;
e decido unirme a un grupo de 3 corredores, comandado por Jesus Enrique
Rey Souto, e ala imos para unha nova aventura; a paisaxe e espectacular, a neve
segue a cair, e a auga do rio esta mui fría; os dedos dos pes están conxelados,
as man van aguantando e o corpo tamen manten a temperatura; cando saimos do
bosque afrontamos a parte mais dura, a subida incrementase e a ventisca golpea
a cara, e por riba, o cume do Montouto non da chegado; coronado o punto mais
alto, facemos un cresteo e o descenso, iso permite poder ir correndo e facer
que os pes empecen a entrar en calor, neste punto o grupo xa se tiña
dispersado, un quedou por atrás e os outros dous xa se me escaparan, asi pois,
vou en solitario, pasando algún que outro corredor; chegamos o km 40,
avituallamento, cambio o buff de novo, pois coa vestisca e a respiración, esta
mollado; sigo o meu ritmo e de cando en vez, enlazo con algún grupo que me leva
a bo ritmo ate o km 50, novo avituallamento, empeza a chover, xa so quedan 14
km, e pensó que o peor xa esta feito, pero o chegar o ultimo avituallamento, xa
coa noite enriba, toca poñerse o frontal e afrontar una subida de 1,5 km, con
aguaneve e nevoa, acompañado, primeiro
dun rapaz de Coruña, e logo de outros 2 corredores, coronamos a ultima subida,
a organización recomendanos seguir os 4 xuntos, para poder orientarnos mellor
na nevoa; xuntos afrontamos a ultima baixada,
que polas condicions do terreo aconsellaba ir con cuidado, os bastons
permitianme ir con mais seguridade a
frente do grupo, eles seguiamente de cerca, e se me distancia uns metros
esperaba por eles, asi o fixen un par de veces, pero as miñas mans estaban
muito peor que na subida o Montouto, pois os guantes estaban empapados, optei
por quitalos, a mellor decisión do dia; cando xa estábamos no final da baixada,
optei por empezar a trotar, coa idea de entrar en calor, sentin deixar os
compañeiros atrás; o trote, e vendo as luces de Quiroga,
animabame e cando toquei o asfalto, pensei en non parar
ate a meta; asi foi, e para miña alegría ali estaba Pili esperándome; feliz e
satisfeito de terminar unha ultra mais, pero nunhas condicions duras; xa tiña a
experiencia de correr con temperaturas encima dos 30º, desta tocou por baixo de
0.
Agradecer a Pili a paciencia e comprension, a sua compañía
nesta loucura; o apoio da miña filla, na distancia, da familia, e sobre todo
esta proba esta dedicada o meu pai, pois sei que nos momentos mais duros esta o
meu lado.
Gracias tamen os compañeiros do Carma polas mensaxes de
apoio
A pola seguinte
Impresionante Ramiro!!!
ResponderEliminarImpresionante Ramiro!!!
ResponderEliminar