viernes, 18 de mayo de 2018

III Trail A COSTEIRA


Por Óscar Fernández

Que conste que non fago trails, creo que este é o meu quinto trail, aínda que so este é o anterior se poden considerar trail de verdade. Sempre os fixen para facer entrenos de km, ou por que era a proba máis acorde a loxística familiar.

Todo foron casualidades, me inscribín nel por un amigo de Melide ( David do CERNE, da organización de “Os 21 do camiño”), así falabamos un rato, e compartíamos km (que errado estaba).
Non tiña idea onde me metía, me inscribín en 18km e cría que ía ser relativamente cómodo.
Un sitio ideal para facer a Saída/Meta, un bar deste típicos de pobo de organizacións, asociación de veciños, e unha carpa enorme o lado.

Eu me levantei tarde, pero sabendo que estaba preto non me preocupei. Marchei para a carreira en xaxún, pois non quería arriscarme  a que me desen regurxitacións
Na saída me encontrei con Isacc do CARMA de Montaña, que non competía, pero viña acompañar a alguén.

Meu compañeiro chegou case ante da saída, e sen darnos conta xa saímos as 9. Eu ía ir con calma, así foi que nos primeiros 400m, xa lle perdín a pista a David.

Tiña claro que ía ir con calma, pero é que os 900m xa tiven que ir case andando. E cando aínda non levabamos 2km  subido por o monte (subindo, non correndo), me estaba cagando en quen me mandou a min inscribirme. Me doían os xemelgos unha barbaridade, e un dor de costas que me facía recordar os vellos que van en ángulo de 90º nas aldeas. Me pasaron nesa subida uns cuantos corredores, incluíndo a unha rapaza que subía moi ben. Estaba pensando en deixar a carreira, e so ían 2.3 km na primeira subida, e me había levado 22 minutos. Un dor de costas brutal.

Na baixada ía cómodo, ía con tino e moita calma, pero aínda así como foi tendida adiantei a moitísimos corredores, leveino ben, e recuperei. Tiña un pouco de apuro, pois na subida anterior os xemelgos me estaban desfacendo, e se me pasaba igual na seguinte subida non sei eu. Me metín de cheo nos túneles, nos regatos, nos ríos, pasando por muíños... Incrible, un ha paisaxe e un recorrido precioso en xeral, e nestas baixadas, onde me acordaba de “Adios ríos, adios fontes....”

Non teño moi claro a que altura, en que momento tivemos o primeiro avituallamento, alí encontrei a Sama e outro coñecidos que facían a andaina. Eu so tomei un vaso de isotónico e continuei.
Segunda subida, nin o dubido, con calma, imposible de correr,  pedras, terra húmida, caídas, penedos, facendo malabares para subir. Pouco podo contar, o noventa por cento do tempo fun mirando para o chan, e coas mans nos cuadríceps.  As mans parecían que tiña luvas da terra, e os cuadríceps a xogo, de por as mans de apoio. Cando a terra das mans me rozaba nos cuadríceps  de rozar coas mans, collía fentos e me limpaba con eles as mans e as pernas. Algún dos dous métodos (a terra ou os fentos), debe ser un método de depilación factible, pois teño dúas zonas como a palma da miña man sen un so pelo. Hoxe tamén teño os cuadríceps con negrón, da forza que facía coas mans neles, imaxino.

O comezo da carreira tivemos un bo tempo, que na segunda subida caeu unha lixeira choiva que debaixo das árbores non se notaba moito.  Na parte final choveu un pouco, pero todo ata me veu ben.
Na segunda subida non recordo se me pasou alguén, so o comezo Jose Graña de Lodeiro, veterano B (55 anos),, co que xa compartín algunhas carreiras de asfalto, onde o pasara na primeira baixada. Pero el subía moi ben, eu non fago costas, nin case teño entreno (creo que levo 6-7 entrenos nas últimas 6 semanas) Ademais xa en asfalto me pasaban subindo, non me imaxinaba aquí. O final fixo primeiro da súa categoría, e eu xa non lle vin máis o pelo nin as costas en toda a carreira.

No alto da segunda subida, case nin mirei para abaixo, so se vían algunhas copas dos árbores e néboa, no alto estaba despexado.

Cría que nesta baixada ía poder ir rápido e recuperando como a anterior, pero pobre de min, isto é un trail, non o que había feito antes. Zonas rochosas onde tiven que estar con moito coidado. Unha baixada de uns 3k, onde tamén adiantei o final a varios corredores.

Xa chegando o segundo avituallamento, antes da última subida, adiantei a un rapaz que me soa das carreiras de asfalto (de ADN), no recordo o nome. Non me daba chegado o avituallamento tiña sede.  Foi por o 12.5 aproximadamente, a rapaza dixo que comese algo que tiñamos a última subida, pero eu rápido un vaso de isotónico, e zapas.

Na subida ídem que as anteriores con calma, sen presa, incluso me colleu Manuel de ADN, que subía mil veces mellor que min. El ía erguido, eu agarrando das miñas pernas. A subida fíxena con calma, me notaba ben. Non me preguntedes moito por ela, non me daba pasado, pois tiñamos un altoparlante con música, mentres dábamos volta o monte, e a min a verdade e que me retumbaba no oídos, pois non sabía se era a meta, o alto da subida etc...

Nesta subida nos topamos co “home do mazo” de forma literal. A organización puxo en un punto a un cavernícola co mazo, e facéndonos votar unha risas. Anterior mente na segunda subida, durante un traxecto moi duro, tamén puxeron un cartel do home do mazo, pero nesta se saíron.


Chegada o último alto, unha especie de meta volante con arco, é un señor disfrazado de policía local, que nos dixo que tiñamos que saltar un cercado, que non nos fixo moita grazas os tres que íamos. Ai xa pasei o rapaz de ADN, e a outro rapaz.
Na baixada me decatei que aínda que ía rápido, que as pernas non ían aguantar moito máis, pois nas anteriores baixadas ían soas e nestas tiña que tirar delas.

Adiantei a un corredor dun equipo portugués, e xa sabía que faltaba pouco, pero aínda quedaba algunha pequena costa, onde vin a outro corredor. O cal pasei a 700m da meta.
Entrada en Meta, onde esperei o rapaz que pasei o final, e me abracei con el.


Estaba por alí Pi Costas e Banderas , cos cales conversei un rato. Isaac, me devolveu o chuvasqueiro que lle deixei “in extremis” na saída. Tiña pensado ir con el pois moitos corredores falaban de choiva e frío no alto, é un servidor estaba un pouco preocupado diso. Pero o consello de Jose Graña de Lodeiros no último segundo fixo que o deixase, é foi moi acertado.
Saudei e claudiquei ante  David de Melide o cal non vin en toda a carreira, que fixo segundo posto Sénior.

Un avituallamento completísimo, onde non podía faltar un bo reparador como a cervexa da que din boa conta, é moita proteína que poñía o cortador de xamón a nosa disposición. Fomos a ducharnos o campo de fútbol do Mosende.

A volta conversamos con varios participantes, felicitei a quen recoñecía, e a quen non, pero por motivos de retrasos políticos non me puiden quedar a entrega de premios.

Posto final 16 de 112, con 2h16m2s.

Moi contento por varios motivos:

- Porque levei moi ben todo o recorrido (salvo o comezo); co pouco entreno non podo pedir mais.

-Organización perfecta. Sinalización perfecta, con dous tipos de cinta, e máximo cada 1015 metros, avituallamentos intermedios e finais excelentes, animación xenial e música (aínda que a min cando cheguei o alto da última subida gañas non me faltaron de tirar o cacharro)

- E o principal, me gustou moito, moito.

Agradecer os “Cazafantasmas”, voluntarios, patrocinadores e a todos os que fixeron posible este trail, un trail fantástico e precioso.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Contamos contigo