lunes, 13 de noviembre de 2017

Maratona do Porto 2017

Boas Nécoras!!

Despois de deixar pasar grandes eventos na miña humilde traxectoria deportiva de pouco máis de 4 anos coma corredor afeccionado (Maratón de Barcelona en marzo e o Trail da Ribeira Sacra en Outubro) animeime finalmente a elaborar unha crónica da que ía ser a miña sexta maratón de asfalto: a Maratona de Porto.

A verdade é que chegaba algo tocado (ainda o estou) dende que o 1 de Outubro corrín os moi exixentes 50k da Ribeira Sacra (9h. me levou..),  polo que ainda que os ritmos nas series e adestramentos de calidade previos a Porto foron ben as molestias na perna dereita facían que non estivese moi convencido de que fose a ir todo como desexaba..

Acompañado pola miña dona Sonia chegamos a Porto a iso das 17.00 hora local do Sábado 4 co obxetivo de recoller o dorsal e a bolsa do corredor na "Alfándega", onde coincidimos con Fran e Kandi que tamén correrían o Domingo.




Tiñamos reservada unha pensión en Matosinhos, e logo de pasear un pouco ceamos a base de Sushi nun local non moi lonxe; para mín perfecta proporción carbohidratos/proteína hehe, nótase que é a miña comida favorita :)

Antes de deitarme cumpro co rito maratoniano de preparar o "altar" coas cousas para o día D e inmortalizalo en foto.



Despois de durmir (razoablemente ben para ser a noite previa) almorzo a iso das 6.15 da mañá. Pan feito na casa con queixo de untar e fiambre de pavo e un plátano.

Quedamos as nécoras ás 8.30 na Praza da Anémona, lugar preto da saída non sin antes tomar un cafeíño de camiño.

Fai fresco, uns 9 graos pero soportable. Despois a temperatura en carreira será ideal, entre 13 e 15ºC, día perfecto para correr.

Coincidimos na carreira con Suso, Fran, Kandi, Pedrosa e F. Abreu (que sen nós sabelo ía correr a sua derradeira carreira coa camisola do Carma; Fer, xa sabes que pra mín sempre serás unha nécora ;) )


Despois don pequeno quecemento (xa camiñara dende a pensión uns 2 km´s) imos aos caixóns. Suso e eu decidimos correr xuntos dado que coincidíamos na intención de saír a 4:35/4.30. Saída que resultou a verdade moi ralentizada. Non collemos ritmo ata a km. 3 aproximadamente e iso penalizou o noso tempo final. No km. 5 aprox. pasamos novamente pola zona de Saída recibindo azos do público todos os corredores. Aínda estamos todos moi frescos, isto acaba de comezar..

Sobre o km. 7 aprox. temos xa á vista a lebre de 3:15 e decidimos manter a distancia ata o km. 15 correndo nese intre os dous a 4:30 e sentíndonos moi cómodos. Sobre o km 16/17 falamos entre os dous e decidimos sobrepasar a lebre dado que nos da a impresión de que corre un pouco a tiróns e o grupo vai demasiado xunto co risco de caer. Pasamos a ponte de Eiffel cun minuto aprox. sobre a lebre e dirixímonos cara a que será a zona máis complicada a priori: a ribeira do Douro no municipio de Vilanova de Gaia. Moitísmo chan empedrado que pasará factura.

Sobre o km 20 tomo un xel. Destacar que notamos bastante aire en contra na beira do río da parte de Porto. Facemos 1h36´ e pico na primeira media. De tódolos xeitos seguimos clavando os kms a 4:30 incluso algún a menos. Comezo a sentir unha bocha saindo na planta do pé esquerdo e coméntollo a Suso. A verdade é que agás iso teño moi boas sensacións e decido subir un pouco o ritmo a partir do km. 25. Paso a correr a ritmo de 4:25/4:20 e Suso descólgase un pouco.

 

Dicir que correr xuntos ata aquel intre foi fantástico, facendo laboura de equipo nos avitus e animándonos mutuamente. Tamén quería destacar que en case toda a primeira media maratón estivo o meu amigo e adestrador Diego Rojo seguíndome en bici aproveitando que pasaba a finde no Porto. A verdade é que tanto o apoio de Suso como de Diego así como os folgos dos demáis compañeiros de equipo nos cruces en carreira foron moi de agradecer.

Voltando cara beira de Porto depois de cruzar novamente a ponte son quen de manter un ritmo constante entre 4.15 e 4.25. Decido tomar o meu segundo xel no km. 35 aprox. Só tomei dous en toda a carreira e probei a tomalos paseniñamente xusto antes do avituallamento para chegar con eles no estómago e logo tomar a auga en lugar do que soía facer que era tomalo de golpe enteiro e logo baixalo coa auga. Funcionou (estratexia trailera hehe). Como curiosidade, en toda a carreira tomo eses dous xeles e suga en cada posto pero non isotónica.

Nese intre Diego atópame novamente (non lle deixaron seguirme en Gaia) e foi fundamental o seu apoio animando ata o final. A partir do km 36 muro e baixa o ritmo..4.30..4:35...4:40). Coméntolle a Diego polo km. 38 que estou baleiro de forzas...dóeme todo, a perna dereita especialmente..a bocha mellor non falemos..malditos adoquíns..). Non miro o relóxio, tento de estar concentrado en ter unha postura correcta para sobrevivir ata o 42. Entonces Diego dime que ando moi preto da miña MMP..De non sei onde saco forzas e comezo a mellorar ritmo..4:30..4:25..4:20..Levo case toda s segunda media adiantando xente e agora sobrepaso coma un tiro a algúns corredores que van medio mortos..Manteño o 4:20 ata que a 1/2 km. de Meta vexo que vai ser imposible facer marca e ergo o pé. Quero desfrutar dos derradeiros metros. Conseguín derrotar ao "monstro de dúas testas" que me marcara na Primavera: 50K do Ribeira Sacra e Maratón de Porto nun prazo entre as dúas de só 5 semanas. Entrei en meta superfeliz, case a maratón das que que teño feito onde máis.
 Tempo final 3h 11´42 seg., a pouco máis dun minuto da miña marca. Quedo o 325/4547 e o 71/906 na miña categoría (40-45 anos). Suso chega un par de minutos despois máis feliz se cabe porque fixo marca persoal. Grande Suso!! :D



Decátome rápido que o serán vai ser complicado..A idea era visitar Porto pero teño moitos problemas para camiñar. Tardamos uns 45´en acadar o hotel que está a menos de 2 km..Decidimos que descanse pola tarde non sin antes darme unha homenaxe na Central de Churrasco de Matosinhos :D



Despois dunas horiñas de descanso atópome un chisco mellor e decidimos dar un paseo nocturno preto da praia. A Anémona luce fantástica..semella que puxo as melloras galas para homenaxear aos Maratonian@s :)

Ao día seguinte antes de voltar a Compostela decidimos tomar algo na fermosa Vilanova de Cerveira e despois o xantar en Pontevedra (que non lle anda atrás en fermosura) e na que había poucos días estivéramos correndo polas súas rúas a media maratón.




En resumo, fantástica experiencia. Coincidir con compañeiros de equipo, co meu adestrador, coma sempre viaxar con Sonia que é o meu maior apoio.. 
ía
A Maratona de Porto diría que é unha carreira bastante dura. Das que teño feito cecais Nova Iorque máis dura..e non o teño claro: o empedrado, moitos xiros, aire en contra e certo desnivel para ser unha carreira de asfalto. Pero unha maratón ben bonita cun moi bó ambente. Haberá que repetir algunha vez..Déixovos un vídeo dese día. 

Saúde e kms Nécoras!!



1 comentario:

Contamos contigo