Podo prometer e prometo que levaba tempo desexando correr esta carreira. Para ser máis exactos algo máis dun ano. Dende que elexín correr en Porto en troques de facelo en Bilbao que lle tiña moitas ganas... e por desgraza vou seguir téndollas cando menos un ano máis.
O adestramento non foi tan serio e racional como o que me levou a maratona de Madrid, pero tampouco estaba tan mal de forma. Como moito podo decir que me pasei facendo o burro polos montes de Chandrexa de Queixa e que iso me producíu unha pequena lesión no sóleo da perna esquerda.
Unha semana antes tiven un trancazo, pero a base de ibuprofeno, paracetamol, xarope para a tos e moita auga conseguin recuperarme para esta proba.
O que peor fixen foi agardar a que fallaran dúas semanas escasas para mercar unhas zapas novas... e inda por enriba mércoas con control de pronación... o que seguramente faría a adaptación ainda máis duradeira. Como a verba non é un ben escaso no meu repertorio lingüístico decidín tentar unha adaptación express... usaba as zapas novas para traballar, para andar por casa, para adestrar... faltoume ir con elas á BBC (ós banquetes, ás bodas e ás comunións).
¿Qué pasou? Que levaba unha semana con molestias no entorno do xeonllo e o día anterior á proba tiven que voltar do traballo a casa para cambiar o calzado, xa que non aguantaba coa dor. O problema foi que agardei demasiado a tomar esta decisión, como logo puden comprobar na miña propia pel.
O día da carreira todo parecía conxugar a verba "éxito" xa que a temperatura era moi agradable (durante a proba oscilou entre 16 e 17º), nen chovía nen semellaba ter ganas de facelo, a brisa era moi doce, os ánimos inmellorables e o ambiente de festa vivíase pola cidade.
A feira do corredor era, por decir algo, absolutamente testemuñal (como que era máis pequena que a da MM Sportzone) e feita nunha carpa inchable. Nembargantes a zona de saída levaba horas ou incluso días sólidamente preparada. A bolsa do corredor tiña, aparte dos imperdibles, o chip, o dorsal e unha brida, unha mochila bastente chula e práctica. Noutro posto caeron tres revistas de deportes (unha de atletismo, claro) e pouco máis.
Baixoume un amigo ao centro a iso das sete e media coa intención de aparcar perto da chegada. Quedamos en que, cando eu rematara, voltaría ó mesmo lugar para levarme á súa casa. Mentres eu facía a carreira él vería a saída e logo voltaría coas mulleres e cos nosos fillos respectivos. Tempo tería de sobra, segundo as espectativas iniciais, ata as 12:30 horas da noite en que, como moi cedo, estaría chegando á meta.
Sobre as 20:30 comezo a estirar e quentar pola beira da ría do Nervión. Nada máis comezar noto que o xeonllo non vai ben e dame a sensación de que sufrirei algo ata que quente (sobre o km. 6, como me pasara nos derredeiros adestramentos pero calara) e deixe de molestar. O que non teño tan claro é se aguantará tantos km. xuntos. Xa veremos.
Faltando dez minutos achégome á banderola que marca as 3 h. 30' (o meu obxectivo ideal) e poso para a foto. Un pouco máis adiante unha parella está disfrazada de peluche... ¡¡menos mal que só van facer a media maratona!! O ambiente é insuperable, pero chega a hora en non saimos. Pitidos. Pasan os minutos. Berros. Máis tempo. Abucheos. Por fin dan a saída con 12 minutos de retraso. Bengalas nos primeiros metros do percorrido e fogos de artificio un poucou máis adiante, nunha ponte que esa mesma noite sería fundamental para min: a pasarela peonil Padre Arrupe.
O primeiro km. faise imposible adiantar, así que disfruto do momento, da noite, do ambiente, dos berros e ánimos dos familiares e amigos. No segundo kilómetro xa se corre abondo e comezan as dores na perna esquerda, pero confío en que sobre o sexto me deixen tranquilo. Pasamos a Gran Vía arriba e abaixo, abarrotada de xente. Da gusto correr con este ambientazo. O ritmo alegre, sobre 4' 35''/km., faime pensar que haberá que ir baixando pouco a pouco a un paso máis razonable, pero xa estamos baixando cara á bocana da ría e todos o santos axudan. No sexto kilómetro paran, efectivamente, as molestias na perna esquerda, así que todo vai vento a favor.
Chegando ao km. 11,5 voltan xa as lebres que van diante de todo (eles levan xa case 17) e un pouco máis adiante crúzome co famoso Patxi Ros "o nudista" (do que xa oíra falar cando fixen a Behobia-Donostia e que da nome á famosa carreira nudista da praia de Sopelana) que o ano pasado rematou a primeira edición desta maratona en nada menos que 3h. 04' (posto 81), e que esta vez corría en compañía. Outro detalle curioso foi o dun corredor que fixo toda a carreira disfrazado de "Spiderman" con carapucha incluída... hai polos opostos.
Todo ben á volta ría arriba e ata pasada a media maratona, outra vez no Guggenheim. Aquí se queda máis da metade da xente e, de súpeto, quedamos só os elexidos para a gloria... ou a derrota.
A subida do km. 22 fíxose máis dura que cando era a do primeiro, pero nada facía presaxiar a catástrofe. Proba superada. A Gran Vía de novo, pero esta volta considerablemente máis valeira, axudou a recuperar forzas. Nembargantes, no km. 26, a carón do Parque de Dª Casilda Iturrizar, tiven que parar a estirar porque as dores voltaran á miña perna esquerda. Volto á carreira e a costa abaixo facilita a reincorporación. No km. 27, vexo que non vai nada ben a cousa e que pinta bastante negra, pero ainda non penso no abandono, e iso que estou a un paso da zona de meta.
De súpeto escoito detrás miña decir; "Olha. Montepío!". Volto a cabeza e miro a dous homes, un deles evidentemente é portugués porque leva as cores da súa bandeira na camisola. Dígolle que, en efecto, é o Montepío que coñecen. Pregúntanme que de ónde son e dígolles que de Vigo. Alucinan un pouco e comento que ademáis levo tamén comigo os restaurantes "Filha da mae preta" e "Peza Arroz" da Ribeira do Porto. Os seus ollos son coma pratos pero respostanme que eles son de Porto e coñecen o lugar. Seguen adiante e comentan que pretenden facer 3 h. 30'. Desexanme sorte e boa viaxe de volta. Contestolle que o mesmo para eles (por si acaso). Xa sei que eu non vou chegar no tempo previsto, pero ainda penso en chegar.
Pasamos de novo a ría pola Ponte do Areal, a carón do Teatro Arriaga temos isotónicas outra vez. Ainda sorrío e vou chocando mans de nenos e nenas de cando en vez (levo chocado centos de mans en algo máis de dúas horas, como comenta o animador e Dj. que hai nesa zona) pero no km. 29,5 teño que volver a parar para estirar. As dores son cada vez máis intensas e comezo a dubidar sobre cómo rematarei a proba.
Volvo, despois duns minutos, a renquear pola marxe dereita da ría, por diante do Concello de Bilbao e non vexo o seguinte momento de parar. Pola miña cabeza xa madura a idea do abandono e ollo con avidez a ponte Zubizuri do famoso e polémico arquitecto Santiago Calatrava. Avanzo malamente 500 metros e volvo a parar.
A perna dereita non ten problema, pero a esquerda semella un "colgajo" que vai porque non lle queda outra. Atópome en terreno illado e teño que seguir, cando menos, ata a pasarela peonil que une a Universidade de Deusto (marxe dereita) co parque que hai diante da nova biblioteca da mesma (marxe esquerda) do prestixioso Rafael Moneo. Chego ata ela e cruzo a estrada cara á ría. A xente que hai perto da pasarela anima aos corredores que seguen pasando. Eu avanzo case entre bágoas e subo como podo, pasiño a pasiño, chanzo a chanzo.
Vexo a hora e calculo que, indo con moita calma xa que pouco máis vou poder facer, ainda teño 50 minutos ata que me veñan recoller e probablemente me colla o frío. Así e todo non me queda outra saída que abandonar. Seguir podería acarrear a rotura dalgún tendón ou un desgarro muscular e iso son moitos meses en dique seco. Como dí a frase que atribúen a Maurice Maeterlinck "El dolor es inevitable, el sufrimiento opcional", así que eu opto por un futuro non demasiado lexano correndo a cambio dun presente triste e intelixente.
Chego á zona de meta e pído auga (aclarando que me retirei) e danme unha bolsa completa (mazá, auga, isotónica, ensalada de lata, brik de caldo, bocata, cereais... ¡¡mimadriña!!) e ofrecenme unha medalla de "Finisher" que inicialmente rexeito. Pensoo mellor e acéptoa como regalo para os meus fillos e como recordatorio para que o vindeiro ano non esqueza que teño unha cita ineludible coas rúas desta fermosa e acolledora cidade do norte.
Os primeiros 20 corredores xa chegaron e síntome fora de lugar. Baixo a cabeza e busco o camiño de volta ó punto de encontro. Pola rúa unha muller duns 70 anos que vai co seu home do brazo pregúntame asombrada se xa rematei. Confeso que non; que a perna esquerda pedíu papas e que outra vez será. Desexanme moita sorte e penso que non estivo mal a experiencia e na amabilidade do pobo vasco. Chego ao punto de encontro con 20 minutos de adianto e comezo a estirar. En 10 minutos vexo o coche do meu amigo e cando me asomo á ventá para falar con él a miña perna esquerda ten espasmos que non controlo. Abrígome e, co rabo entre as pernas, volto a casa con máis sede que fame, con máis cansanzo que se tivera rematado a carreira. ¡¡¡¡O que fai a adrenalina do éxito!!!!
Os meus "amigos" portugueses tampouco conseguiron o seu obxectivo. Así e todo, chegaron moi contentos. Cun pouco de sorte poden volver a intentar o asalto ás 3h. 30' en Porto dentro dun par de semanas.
Fotos: todas obtidas da web da propia carreira.
Tan solo el echo de empezar un maraton,ya te hace atleta,el acabarla,es lo de menos
ResponderEliminarPois ti dirás o que queiras pero a min paréceme que xa é un éxito facer o que fixeches.
ResponderEliminarBanderas, emocionoume a tua cronica, mais coido que nos tes que andar coa cabeza gacha, tes que ir con ela ben alta, pois intentachelo, e as circunstacias non che permitiron rematar, mais eu, como amigo teu, estou orgulloso de ti.
ResponderEliminarun abrazo e a recuperarse
Grande, Meu !!!
ResponderEliminarMuy buena crónica. Siento mucho lo de tus problemas pero te felicito por haber encontrado a tiempo la salida de emergencia (imagino que es muy dificil en ese momento).
Ahora a descansar y a recuperar y para al año nuevo intento con el Googleheim ese.....
Una aperta.
Eres la única persona que conozco que de un ratito de su vida consigue un post así! Muy bueno!
ResponderEliminarMaratona? No lo había oído en mi vida! Contigo siempre se aprende algo nuevo ;)
Me ha gustado mucho, siento haber tardado tanto en leerte pero ha sido una mañana horribilis! Un beso, Lila&Cloe.
El próximo año no dudo que saldarás cuntas con ese maratón. ¡A recuperarse para dar guerra!
ResponderEliminarBeauvais
Moitas grazas a todos e todas (iso vai por Kenson e Lila&Cloe) polas verbas de ánimo.
ResponderEliminar"Maratona" é a verba portuguesa, que prefiro á española polo seu xénero feminino (en castelán só está admitido o xénero masculino) porque estase a converter na miña segunda proba preferida despois da "Media maratona" XDDDD
...e dende logo xa teño claro para o ano 2011 unha carreira que non podo evitar preparar... pero con cabeciña e correxindo algunhas cousas ;-)
Unha aperta e bicos (accordingly)