jueves, 22 de marzo de 2018

Ultra Trail Trilhos do Paleozoico - 18 marzo 2018


Por Ramiro - Aguita

AVISO: esta crónica contén palabras en galego e portugués, por qué? Porque a min me da a gana.

Un ano mais fun correr a Valongo os Trilhos do Paleozoico: fun cumprimentar os amigos.

Nesta edición liei uns cantos compañeiros de equipo a acompañarme e coñecer os trilhos e experimentar o Elevador: Alfonso, Millara, Jorge e Dani.

Persoalmente afrontei a proba baixo de moral e motivación, toda a seman sen adestrar e 2 sesions de fisio por unha sobrecarga nos xemelgos.

Pero había que sobreporse a todo, a viaxe estaba organizada, o hotel reservado, e se por algún motivo me teño que retirar, pois retirome, e xa esta.
O chegar a Valongo na tarde do sábado, recoller o dorsal, ir cumprimentando amigos, hidratarse con unha Superbock: todo axuda a que me encontré comodo, e non pensé no meu estado físico; ceamos todos xuntos e imos durmir.

A carreira comenzamola dende os últimos postos e pouco a pouco imos adiantando corredores, mais non tiñamos presa; case toda a carreira fixemola xuntos, por alguns momentos Alfonso e Millara adiantabanse, e Jorge a mais eu imos mais atrás


Os kilómetros van pasando: agora subimos, logo baixamos, pisamos uns charcos, embarramonos un pouco, voltamos subir, voltamos baixar; a carreira e un continuo sube e baixa.

Voltamos xuntarnos os 4 cando Jorge e mais eu chegamos a un avituallamento e Alfono e Millara saian, pararonse a esperar por nos, saimos os 4 xuntos; alguns chistes destrozados, e muitas risas; a saida do penúltimo control, o amigo Alfonso adiantase uns metros e inicia conversa con duas portuguesas, non sabemos cal foi a conversa, pero a partir de ahí Alfonso vai collendo vantaxe, e xa non o voltamos ver ate a meta; nos seguimos o noso: sumar kilómetros e destrozar chistes.

Tras rematar de subir o elevador digolle os compañeiros que a proba esta feita, so queda baixar ate meta, disfrutando do traballo feito, o tempo era o de menos, e chegar os tres xuntos era o obxetivo; a un kilometro de meta pidolle a Millara que me busque as bandeiras que levaba na mochila, e asi a un bo ritmo afrontamos a entrada en meta, entre os 3 levamos a bandeira portuguesa e a galega; sintome feliz e satisfeito polo traballo feito.


La imagen puede contener: 2 personas, personas sonriendo, cielo, cancha de básquet y exterior
Pa min e un verdadeiro disfrute correr en Portugal (levo no meu corazón este pobo), cumprimentar amigos e amigas, antes e despois da proba, encontralos polos trilhos, nos avituallamentos, ou nos cortes de carretera, e unha alegría e un pracer: muito obrigado a todos

Agradecer os compañeiros Alfonso, Millara e sobretodo a Jorge (que foi o que mais me aturou), pola sua compañía na proba; a Dani e Rocio, a Cristina e as fillas de Jorge por un fin de semana bem pasado.


O maior agradecimento vai pa Pili e Andrea, (que por compromisos non puderon acompañarme) por aturarme e apoiarme en toda esta miña locura

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Contamos contigo