miércoles, 7 de febrero de 2018

XII PRE VIGBAY



Os membros do C.A.R. Marisqueiro, como ven ocurrindo desde 2007, realizarán o vindeiro domingo 11 de marzo un adestramento seguindo o percorrido da Vig Bay. Polo tanto non se trata dunha proba competitiva e cada corredor/a participa baixo a súa responsabilidade xa que non hai ningún seguro e o C.A.R. Marisqueiro non asume ningunha responsabilidade a nivel organizativo.

III Pre VigBay (2009)



A idea é saír do parking do Verbum en Samil ás 9:30 horas facendo grupos por ritmos para 1 hora 30', 1 hora 45' e 2 horas.

Pre VigBay 2017, antes de salir del Verbum



Desde o clube intentaremos facer dous ou cando menos un avituallamento de auga no percorrido.


O tema de transporte de regreso cada corredor/a terá que organizalo pola sua conta.

Post Pre VigBay 2017, en Baiona



Para facernos unha idea das necesidades agradeceríamos que os interesados manifesten neste enlace de "Correr en Galicia" a súa vontade de participar.



OS ESPERAMOS

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Contamos contigo