martes, 9 de marzo de 2010

Maratón de Barcelona

Maratón de Barcelona
(Según Mincha)

O meu primeiro obxectivo da tempada ben de ser cumprido. Logo da maratón de Berlín comecei a pensar nunha nova maratón que facer antes do asalto a New York en Novembro de 2010. Decanteime por Barcelona por dúas razóns: polo seu perfil e, sobre todo, por poder compartila cos meus compañeiros de equipo. Nun principio tiñamos que ir cinco pero o cambio de plans de Beauvais e o accidente de Linkin deixounos a Agúita, Canido e mais eu como únicos representantes do CAR Marisqueiro.


Esta vez decidinme por seguir o plan que ten a páxina de Runner´s World para baixar de 3h 30m coa intención de facer as series mais rápidas e algunha sesión extra para buscar prepararme para una marca ao redor das 3h 25m. Este plan é de 17 semanas pero eu comecei a partires da 9ª logo dunha pausa dun mes debido as circunstancias familiares que moitos coñecedes (aproveito para manifestarvos o meu profundo agradecemento a todos os compañeiros do C.A.R. Marisqueiro e de por ter estado ao meu lado neses momentos).

Comecei os adestramentos o 24 de Decembro, e dende o primeiro momento gocei adestrando como non lembro, xa foran sesións de carreira continua ou de series pero sobre todo gocei das “tiradas longas” xa que por fin puiden participar nos CARMAS dominicais do equipo. É unha auténtica gozada correr con tan boa compaña a pesares de ter que madrugar e coller o coche para ir a Vigo. Agardo que continuen e que algunha vez sexades vos os que collades o coche e viñades coñecer as miñas rutas.

Cheguei a Barcelona o Venres e quedei cos compañeiros Taninos de Ponteareas para ir coller o dorsal. O Sábado pola mañá tocou paseo en compaña deles e xa ao mediodía quedei para xantar con Agüita e cos incondicionais seareiros do CARMA: Pili, Andrea, Yolanda e Gerardo. Logo da comida outro paseo e retirada a descansar para o gran día logo de organizar a intendencia para a carreira.



En fin, que chegou o gran día e eu sabía mellor que nunca que chegaba moi ben preparado e que si non había sorpresas tiña que facer unha boa marca e mellorar o meu rexistro anterior. De todos xeitos, e por primeira vez, non me puxen obxectivos e saín coa intención de gozar da carreira e de Barcelona e de gardar forzas e non forzar ata chegar ao quilómetro 30 e a partires de aí dalo todo. Isto é moi fácil de dicir pero outra cousa e que saia ben.

Ás 7:45 atópome con Agüita, Canido e familias facemos as fotos de rigor do equipo e tamén cos Tanino´s Runners, deixamos a roupa sobrante ao equipo de intendencia e marchamos colocarnos no noso caixón. Agüita e mais eu no de 3:00-3:30 e Canido no de 3:30-4:00. Quecemos, estiramos e agardamos ata as 8:30 que dan a saída. Saimos tranquilos xa que os primeiros quilómetros pican un pouco para arriba e dende o primeiro momento observo que Ramiro vai sobrado e ten que frearse para non irse xa que eu non quero forzar no principio. Logo de volver a pasar pola Praza de España e saudar á familia no quilómetro 12 Ramiro decide subir un pouco o ritmo e eu seguir reservón ata o 14 que deixaremos de subir (por pouco que sexa). Pasan os quilómetros e eu gozo da cidade (a Pedrera, a Sagrada Familia...) e manteño o ritmo que me pide o corpo (ao redor de 4´50´´) aguantando un pouco o ritmo nas subidas e deixándome levar nas baixadas.



A media maratón pásoa en 1:43:28 e aproveitando que o perfil vólvese chan subo un pouco o ritmo (sobre 4´45´´) inda que sigo gardando enerxía pensando en chegar con forza ao 30. Dende o comezo da carreira vou bebendo constantemente bebida isotónica como me recomendara o meu nutricionista e tamén procuro coidar a técnica de carreira e levar unha posición erguida. A verdade e que vou bastante ao meu rollo e tardo moitísimos quilómetros en decatarme que a xente que vai ao meu lado e sempre a mesma: un grupo de corredores de vermello co nome de Run Crono, outros de verde de Vitoria e un grupo de tres corredores entre os cales hai un home de mais de 100 quilos de peso (claramente gordo) que aguanta perfectamente e vai falando cos seus compañeiros (admirable).

No quilómetro 25 chegamos á Diagonal Mar e lembro que Linkin falara de que era o peor tramo por tratarse dunha recta de mais de dous quilómetros e con escaso público, sen embargo está chea de xente animando e por riba eu comezo a ser consciente que teño moitas reservas e síntome forte e pouco a pouco aumento o meu ritmo, comezo a adiantar a muitísimos corredores e abandono definitivamente aos meus compañeiros de viaxe.

No quilómetro 30 agardan me Pili, Andrea, Gerardo e Yolanda que me da o meu avituallamento “especial” para o treito final e tamén anda por alí Cheetos agardando por Fandi. Tomo unha ampola de glucosa e sinto o subidón que me fai “voar” e continuar aumentando o ritmo. E impresionante a sensación de forza que teño e ver como adianto a outros corredores con moita facilidade anímame a dalo todo inda que gardando a “poción máxica” para os cinco quilómetros finais que volven picar cara arriba.

Paso as torres da villa olímpica e pouco antes do Arco de Triunfo adianto a Vieira (organizador da Vig-Bay) a quen saúdo. Os pasos pola Praza de Catalunya e a baixada polo Barrio Gótico están cheos de público moi animado e cun grupo de rock que soa moi ben xusto antes de pasar pola Catedral. Ao pasar pola rúa de S. Jaume, que é a parte mais estreita da proba, teño un pequeno incidente cun corredor estranxeiro a quen lle pido paso. Non só me nega o paso senón que me da co seu cóbado no estómago con bastante forza. Alporízome e dou un acelerón para pasalo e deixalo ben lonxe.

Dende o 37 vou dándolle pequenos sorbos á miña poción e por fin chego á Praza de Colón onde xiramos cara a dereita para afrontar os dous últimos quilómetros de subida. Xa dende o 37 son consciente de que vou mellorar por moito a miña marca e en vez de relaxarme neste treito final forzo a máquina xa que en ningún momento da carreira tiven sensación de sufrir. Tiro a botella que levo na man e concéntrome en aproveitar todas as forzas que me quedan no último quilómetro que se fai interminable ao tratarse dunha recta en subida na que se ve a Fira de Barcelona ao final xusto antes da curva de meta. Nesta curva escoito os ánimos dos seareiros do CARMA e gozo sprintando (por primeira vez) os 195m finais entrando na meta cos brazos en alto e mirando para o ceo. Teño unha mestura de emoción e felicidade que xa non me abandonará no resto do día.



Logo de pasar a zona da meta saúdo aos Taninos que tamén conseguiron os seus obxectivos e atópome coa familia do CARMA, doulle unha aperta ben forte a Ramiro e tamén celebramos a chegada de Roberto. Logo ducha, CARMA comida-celebración, paseo, despedida e mais paseo camiñando de regreso ao hotel. O subidón e tal que o paseo e de case que dúas horas.

Para rematar quero agradecer todos os ánimos recibidos no foro e dos compañeiros do CAR Marisqueiro, así como da familia que nos acompañou en Barcelona e a Cheetos que tamén andaba por aló animándonos a todos.

Aquí tedes os datos dos meus parciais e algún vídeo de zonas de paso da carreira.

E agora xa ando pensando no gran obxectivo do 2010: The ING New York City Marathon. A miña 10ª maratón será, si todo vai ben, o 7 de Novembro de 2010 acompañado do meu inseparable “parella de feito” (salvo nas carreiras que vai sempre por diante) Beauvais.

14 comentarios:

  1. Só podo decir unha cousa: ¡qué gran diferencia entre a crónica de Berlín e esta, meu rei! Así da gusto correr unha maratona... por certo ¿ónde hai que firmar por rematar así o MAPOMA?... ja!ja!ja!

    Veño de ver algún dos vídeos e nun saides Agüita (ó principio) e ti, cara á metade... masticando algo... pillaronte papando... ja!ja!ja!

    Unha aperta moi moi grande, campión!!. Vémonos máis pronto que tarde ;-)

    ResponderEliminar
  2. O tempo neto final foi de:

    3:22:48 rebaixando en 6´a miña mellor marca conseguida no Mapoma de 2005.

    ResponderEliminar
  3. Banderas: Non mastigaba, mordía a ampola de glucosa para cortarlle a cabeza :-)

    ResponderEliminar
  4. Vicioso!! ... a ver se eu fago tamén MMP no MAPOMA... ainda que non é o mellor lugar para facelo peeeeero... coas maratonas nunca se sabe cando se ten o día.

    ResponderEliminar
  5. ENHORABUENA MINCHA !!!! La verdad es que se te veia muy fuerte y muy convencido durante las últimas semanas. Me alegro mucho de que te salio todo bien.
    Una aperta !!

    ResponderEliminar
  6. Parabéns pola carreira e pola crónica. Saúdos desde o C.A. Panadería de Osedo.

    ResponderEliminar
  7. Bravo Fernando, me alegro por ti, la verdad es que confiaba mas en ti que en mi,comente en alguna ocasion que te veia para hacer 3:20, y casi acierto, has echo un buen trabajo y eso se nota.
    Un placer compartir carrera contigo.
    Un saludo y enhorabuena.
    Ahora a disfrutar en New York

    ResponderEliminar
  8. Enhorabuena... la verdad es que leyendo tu crónica, hasta parece fácil!!!

    ResponderEliminar
  9. Moitas grazas a todos.

    Agúita: Ti me vías para 3:20 pero a verdade é que eu nin pensara en cal sería o meu tempo. Deixei que o corpo falara e a cabeza axudou. Tamén é certo que sabía que a preparación fora moi boa e que tiña que saír o resultado senón había contratempos.

    Antonio: Lendo a crónica do blog do voso club parece que corrimos carreiras diferentes xa que a min pareceume que había bastante mais animación que en MAPOMA e en ningún momento se me fixo pesado correr polas longas avenidas barcelonesas, é mais ata se me facía entretido.

    Pipe: Si parece fácil é porque funcionou ben a cabeza e a preparación e non houbo contratempos o cal fixo que esa fose tamén a miña sensación. Foi a maratón que corrín mais cómodo con diferenza.
    Si lees a miña crónica de Berlín verás o caso contrario, o sufrimento e a dureza cando o perfil era mais doado e o ambiente moito mais espectacular, só que naquela ocasión o corpo fallou e a cabeza afundiuse.

    Estas son as cousas das maratóns. Ata agora plantexábame correr New York sen obxectivos pero tentarei prepararme mellor que para Barcelona e buscar sensacións semellantes, outra cousa será que funcione tan ben.

    ResponderEliminar
  10. Enhorabuena Fernando..y me alegro un monton que el tramo de Diagonal Mar no te resultara un coñazo...je,je.....creo que hiciste una maraton de libro,y la marca muy muy buena.....espero estar pronto contigo compartiendo esas sensaciones...aunque sea bastante por detras !!!...como dijo Briatore : " Grande Fernando ".....

    ResponderEliminar
  11. Como se le va la pinza a esto....mi comentario parece de la niña del exorcista !!..bueno,creo mas o menos se entiende !!!

    ResponderEliminar
  12. Espectacular la foto de la llegada !!

    ResponderEliminar
  13. Unha vez máis os meus parabéns! Xa ves como seguindo un plan de adestramento os obxectivos saen.
    Pola miña banda aínda non baixei da nube e non fun capaz de facer a miña crónica, espero colgala pronto.
    Parabéns tamén para Aguita e Canido.
    Espero as fotos que sacamos xuntos antes da saída.

    ResponderEliminar

Contamos contigo