domingo, 14 de febrero de 2010

CARMA Dominical 14-II-2010


Pois hoxe anímome eu a facer a crónica do CARMA Dominical.

Coma sempre o de sempre !!! que din nos partidos do Celta (ou polo menos dicían cando eu aínda ía a Balaidos). Poi iso, ás 9:45h quedamos no Verbum e fumos aparecendo os convocados: MapleLeafs, Cheetos, Agüita, Banderas, Canido, Mincha (eu) e o convidado do día Fandi. Rápido quecemento, foto, comentarios sobre as baixas temperaturas (4 graos) e vía, si, pero un servidor tiña un obxectivo diferente xa que mentre os demais sairian nunha típica tirada larga de Domingo a ritmo tranquilo (que ao final non foi tal) eu tiña que facer unha simulación de competición de Media Maratón, co que saín en sentido contrario ao resto do grupo dándolle duro dende o primeiro momento.


A partires de aquí a crónica vólvese persoal xa que fun practicamente só todo o tempo. Ao principio foi complicado coller ritmo por non ter feito un bo quecemento pero no segundo quilómetro xa ía por debaixo de 4´30´´. Na miña mente pensaba onde daría caza ao grupo de compañeiros que levaban case que 5´de ventaxe na saída e iso axudoume e ir moi cómodo na parte mais dura do percorrido coas subidas de Samil, Canido e Oia e foi xusto logo da subida de Canido onde diviso ao fondo ao grupo e comezo o ataque. Inda tardei un par de quilómetros en darlles caza o que indica que a tirada non era de paseo e que ían mais "alegres" do previsto. Cando por fin doulles caza collo novas enerxías e os adianto cun exceso de confianza que me leva a marcar 4´15´´no quilómetro seguinte e que paguei un pouco no seguinte. Agora o obxectivo era deixar de escoitar as suas respiracións e comentarios na miña retagarda, pero non o daba logrado a pesares de seguir a ritmos de 4´30´´ (o que quere dicir que os "cabritos" picáronse e aumentaron ritmo).



Por fin chego a Panxón en 50´(quilómetro 11 meu) e tomo camiño de retorno ao Verbum. Crúzome cos compañeiros e tento seguir a bo ritmo. Dende Panxón ata Oia fíxose bastante duro e foi difícil manter ritmo xa que pica un pouco cara arriba e o esforzo xa era considerable . Unha vez en Oia e aproveitando a baixada decidín botar o resto e subir ritmo marcando un par de quilómetros a 4´20´´ata chegar a Canido e logo tentei manterme a tope ata o Verbum chegando nun tempo final de 1h 35m.



Logo foron chegando o resto comezando por Agüita e Canido a 4´, Maple un pouco mais tarde e Cheetos e Banderas no terceiro grupo. Fandi decidiu volver pola praia (ou iso creo) e chegou un pouquiño despois. Todos satisfeitos e non moi cansados a pesares do xa comentado do ritmo alto da tirada.

Finalmente apareceu o presi Linkin para comentar as mellores xogadas e saudar ao persoal.



Agora e xa como comentario persoal direi que estou moi contento de como van os adestramentos para Barcelona e o mellor de todo e o moito que estou gozando de adestrar co que si ao final o día da carreira non saen ben as cousas non me preocupara en absoluto xa que as boas sensacións destes dous últimos meses non van cambiar. Iso non quita que teño a ilusión por que saia unha boa carreira e facer unha boa marca e por riba gozar da carreira.

Aos compañeiros Agüita e Canido tamén véxoos en moi boa forma e destaco e alégrome moito de ver a MapleLeafs en tan boa forma e con tantas gañas.



Cada día e maior o pracer de compartir quilómetros con todos vós inda que hoxe fora un pouco por libre. Moitas Grazas.

PD. 1: BRAVO Pancho, gran carreira en Sevilla e mellor marca. Próximo obxectivo New York :-)

PD.2 Banderas: podes retocar o que queiras e poñerlle fotos que ti es o experto en blogues


Mincha (Fernando)

Banderas (Antonio) fotos e arranxos ;-)

5 comentarios:

  1. La verdad es que salio un buen entreno, sacrificando, la cantidad por la calidad; por mi parte decir que me encontre muy comodo rodando a 4,45(el perfil tambien lo permitia), aunque hoy sigo teniendo algunas molestias en el cuadriceps, que no acaban de desaparecer del todo.
    Seguimos sumando para la marato.
    Al igual que dice Fernando, veo bien a Michael, lo cual me alegra.
    A Roberto y Fernando los veo en buena forma, ambos tienen asegurada marca personal en Barcelona, si no, tiempo al tiempo.
    Un saludo para toda la familia CARMA.
    PD un placer conocer a Fandi

    ResponderEliminar
  2. Gracias MINCHA !!

    Que grande es el CARMA !!!
    Muy buen entrenamiento, justo lo que uno necesita cuando vuelve de unos meses de incertidumbre, llevando 5 semanas entrenando bien y sin molestias. En algun momento hay que forzar para ver como uno reacciona.

    Nos vemos, como muy tarde, el domingo en La Escusa.

    Saludos

    ResponderEliminar
  3. Un pracer adestrar con vos. Xa sería a ostia que non forades tan rápido...
    (Son Cheetos, e non sei como carallo facer para que apareza o meu nome aí arriba)

    ResponderEliminar
  4. Enhorabuena por el entreno. Felicitaciones a MapleLeafs... ¿qué me decías hace poco de que no me ibas a pillar? anda ya!

    Cheetos, te miro lo del nombre del perfil y te cuento; yo tampoco sé por qué sale Pipe en lugar de Felipe: aquí todo se mezcla: Gmail, Picasa y blog!

    ResponderEliminar
  5. Óscar, apunta:
    pinchas sobre tu nombre o vas a la web:
    http://www.blogger.com/edit-profile.g
    en el apartado "Identidad" debes cambiar lo de "nombre a mostrar". Creo que ahí está el sitio.

    ResponderEliminar

Contamos contigo