lunes, 7 de marzo de 2016

Ultra Quiroga Trail Challenge

Pasados uns dias do vivido no Ultra Trail do Castelo, toca facer un pequeno resumen; a semana previa foi de nervios pola incerditumbre de como estaría a climatoloxia e a ansiedade por estar na saida, mais todo iso foi desaparecendo a medida que me ia achegando a Quiroga e empezaba a saudar amigos e compañeiros das probas.
A primeira anécdota foi o recoller o dorsal e ver que me correspondia o nº 7, dixenlle a rapaza que mo entregou que iso era un bo presaxio; logo de ir o hostal preparar a mochila que ia deixar no Km 19,5 e 40 de proba, tal como estaban as cousas non sabia o que poderia precisar,  e logo de ir cear o Chapacuña, a dormir.
As 5 da mañan xa se escuitaba actividade no hostal; as 6 toca levantarse, ducha e desaiunar no mesmo bar do hostal; xa con todo o material listo para a partida, diriximo a saida acompañado por Pili, ela iria sair as 9 no mini trial (25Km).



As 8 dase a saida,  a partir do km3 xa empezan a cair os primeiros copos de neve; imos subindo cara o Outeiro, km19,5,  coa duda de se iríamos subir o Montouto ou iríamos acompañar os corredores do Trail.
Pra min era a primeira carreira con neve, a medida que ian pasando os kilómetros pensaba en darlle as gracias a organización se nos cortaba; o chegar o avituallamento informanos que a proba sigue adiante, e deixan elexir se queremos subir ou non; cambio, non sen traballo, pois os pes estaban conxelados, os calcetins e o buff;  e decido unirme a un grupo de 3 corredores, comandado por Jesus Enrique Rey Souto, e ala imos para unha nova aventura; a paisaxe e espectacular, a neve segue a cair, e a auga do rio esta mui fría; os dedos dos pes están conxelados, as man van aguantando e o corpo tamen manten a temperatura; cando saimos do bosque afrontamos a parte mais dura, a subida incrementase e a ventisca golpea a cara, e por riba, o cume do Montouto non da chegado; coronado o punto mais alto, facemos un cresteo e o descenso, iso permite poder ir correndo e facer que os pes empecen a entrar en calor, neste punto o grupo xa se tiña dispersado, un quedou por atrás e os outros dous xa se me escaparan, asi pois, vou en solitario, pasando algún que outro corredor; chegamos o km 40, 



avituallamento, cambio o buff de novo, pois coa vestisca e a respiración, esta mollado; sigo o meu ritmo e de cando en vez, enlazo con algún grupo que me leva a bo ritmo ate o km 50, novo avituallamento, empeza a chover, xa so quedan 14 km, e pensó que o peor xa esta feito, pero o chegar o ultimo avituallamento, xa coa noite enriba, toca poñerse o frontal e afrontar una subida de 1,5 km, con aguaneve e nevoa, acompañado,  primeiro dun rapaz de Coruña, e logo de outros 2 corredores, coronamos a ultima subida, a organización recomendanos seguir os 4 xuntos, para poder orientarnos mellor na nevoa;  xuntos afrontamos a ultima baixada, que polas condicions do terreo aconsellaba ir con cuidado, os bastons permitianme ir con mais seguridade a  frente do grupo, eles seguiamente de cerca, e se me distancia uns metros esperaba por eles, asi o fixen un par de veces, pero as miñas mans estaban muito peor que na subida o Montouto, pois os guantes estaban empapados, optei por quitalos, a mellor decisión do dia; cando xa estábamos no final da baixada, optei por empezar a trotar, coa idea de entrar en calor, sentin deixar os compañeiros atrás; o trote, e vendo as luces de Quiroga, 
animabame e  cando toquei o asfalto, pensei en non parar ate a meta; asi foi, e para miña alegría ali estaba Pili esperándome; feliz e satisfeito de terminar unha ultra mais, pero nunhas condicions duras; xa tiña a experiencia de correr con temperaturas encima dos 30º, desta tocou por baixo de 0.





Agradecer a Pili a paciencia e comprension, a sua compañía nesta loucura; o apoio da miña filla, na distancia, da familia, e sobre todo esta proba esta dedicada o meu pai, pois sei que nos momentos mais duros esta o meu lado.
Gracias tamen os compañeiros do Carma polas mensaxes de apoio

A pola seguinte

2 comentarios:

Contamos contigo