lunes, 6 de junio de 2011

UnHa xornada I-RRE-PE-TI-BLE

O pasado sábado 4 de xuño de 2011 tivo lugar na "boa vila que da de beber a quen pasa..." o Campionato Galego de Veteráns en pista ó aire libre e, despois do inusitado éxito do C.A.R. Marisqueiro na edición do ano pasado onde os seus dous participantes acadaron tres medallas nas súas respectivas categorías, este ano non podían faltar algúns dos seus membros, dispostos a xogar forte para obter novos éxitos.

Nembargantes a xornada foi un cúmulo de despropósitos tanto polo que á organización se refire como polo que aos nosos representantes lles toca... que xa lles valeu tamén!!

Por poñer un par d
e exemplos do que foi a "organización" (por chamarlle algo) imaxinadevos a audacia que supón facer unha única proba de 1500 m. con 30 corredores e nembargantes facer tres mangas de 5000 m.l.: unha de 35-40 con 11 participantes, unha mixta de 45-50 mixta con 12 participantes e outra de 55 en adiante con 11 participantes máis. Todo isto sen falar do retraso que todo isto ocasionou nas probas que ainda quedaban por celebrarse...

Polo que respecta aos nosos compañeiros houbo de todo. Algún chegou tarde para coller o dorsal e, por tanto, para poder confirmar participación na única proba na que iba participar; outros chegaron tarde á confirmación da participación (había que estar 45 minutos antes da hora prevista de celebración da proba... ainda que logo esa hora se retrasara considerablemente) pero cando menos lograron participar.

Como consecuencia de todo isto os nervios traizoaron a Antonio e foille imposible centrarse na proba que lle quedaba. Para colmo de males tocoulle abrir lume... cousas de competir por orde alfabética... e iso tamén xogou en contra. Despois dun nulo "rigoroso" nun primeiro salto que puido ser mellor marca persoal, o segundo salto foi un mero trámite para deixar constancia da súa participación e xa no terceiro arriscou excesivamente e, por desgracia, foi un nulo "en toda regla" como demostran as imaxes.

Nos 1.500 m.l. Ramiro mellorou o seu resultado do ano pasado en 5", pero o nivel exhibido este ano polos participantes fixo que con esa melloría somentes acadase un honroso 4º posto na súa categoría. Foi unha verdadeira magoa que non soubese que o participante que levaba diante era da súa categoría porque lle afastaron do metal menos de 4", e un pouco do pundonor que sabe exhibir en momentod decisivos podería terlle concedido o seu momento de gloria. Así e todo notouse que dentro de pouco (o vindeiro 18 se xuño) será o Campeonato de España de Clubes de Veteranos en pista e os habituales neste tipo de competicións están afinando os motores, pois os tempos foron realmente bos.



Finalmente, na súa primeira experiencia na pista, Pancho conseguiu facer mellor marca persoal nos 10.000 m.l. (39:17:40) e medalla de prata na súa categoría a base de sufrimento e paciencia, cabeza e resistencia, sempre acompañado pola súa familia e un compañeiro que alí quedou ata o final. Os 10.000 en pista son unha proba na que a mentalidade xoga case máis papel que a forza física ou a resistencia, xa que dar 25 voltas a unha corda de 400 metros acaban coa cachaza de calquera.

Cabe destaca
r tamén a presencia matinal de outro membro do equipo (afastado temporalmente da competición por motivos familiares) dando ánimo ao compañeiro Ramiro na súa proba e o acompañamento de parte das nosas familias sobre as gradas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, o que contribuíu a crear máis ambiente de clube e a levar mellor a espera entre probas.Aquí vos deixo o enlace para os resultados do Campionato Galego de Veteráns en pista ó aire libre e Galego de Marcha e o do blog de Beatriz Viteri, autora das fotografías empregadas para facer esta entrada.

5 comentarios:

  1. Gracias por acordarte de min nesta entrada compañeiro, o mellor de todo foi a caña que nos tomamos, que fresquiña estaba,je,je; o demais e o de menos, xa teremos mais oportunidades.
    So che teño que facer unha correccion: pasei dos 5:15 do ano pasado a 5:05 deste; unha magoa, outra vez sera.
    Graciñas

    ResponderEliminar
  2. Lo importante era pasarlo bien,lastima que al final,no fuera una tarde perfecta
    Yo de mayor,quiero ser como vosotros!!

    ResponderEliminar
  3. Enhorabuena a todos.
    Yo tambien estuve animando a Ramiro EHHHH

    ResponderEliminar
  4. Perdón por errar no dos 5" cando realmente foron 10" de mellora nun ano, Aguita... pero como ti dis, que boa estaba a cervexa!!!! ;-)

    Non, se pasar pasámolo ben, pero un metal ou dous colgando no peito alegran máis a xornada. Ou non, Rubén? XDDDD

    Perdoa, Cacho, esquecín comentar que, xa que non pudeches correr, alomenos estiveches de siareiro.

    ResponderEliminar
  5. Si querias medalla,fueras a Amorin el domingo,jejeje
    Esta claro,que con una medalla la cosa cambia,pero sino se puede,no vais a llorar,que ya sois mayorcitos

    ResponderEliminar

Contamos contigo